martes, 12 de abril de 2016

A Coruña: CineForum sobre Cambio Climático (18.04.2016 19:00 H.)

O próximo lunes día 18 de abril ás 19:00 horas, na sala de proxección do Forum Metropolitano, terá lugar un Cineforum sobre cambio climático organizado pola Concellería de Medio Ambiente do concello de A Coruña no que se proxectará a película: "Tukki, A Pegada Ambiental", que reflicte a viaxe que se ve obrigado a emprender un mozo senegalés desde a súa aldea, situada ao sur do país e próxima a Tambacounda, ante a degradación do chan e a deforestación que sofre a súa contorna. 
Entre os expertos que participarán no debate posterior atópase Adina Dumitru (Investigadora asociada do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da UDC e tertuliana habitual de V Televisión), Pablo Meira (Profesor da UDC na área de Teoría e Historia da Educación), Xosé Veiras (biólogo e ecoloxista) e María García (Concelleira de Medio Ambiente do concello da Coruña), e con eles poderemos dialogar sobre diferentes aspectos da actualidade ligada ao Cambio Climático, como o recente Cume do Clima de París, as medidas a escala local que se poden poñer en marcha desde os municipios ou a realidade dos refuxiados ambientais, tal e como se narra na película documental que se proxectará ese día.